Soutomaior sen cita de atención primaria ata o 18 de decembro

manu parlamento
manu parlamento
Soutomaior sen cita de atención primaria ata o 18 de decembro

Soutomaior, 2 de decembro de 2020. Un novo colapso na atención primaria do concello de Soutomaior deixa sen cita médica á veciñanza ata o 18 de detembro. Esa é a primeira data libre dispoñible  se calquera paciente solicita unha cita telefónica no Centro de Saúde de Arcade. Esta situación prodúcese despois de que o SERGAS, unha vez máis, deixe sen cubrir as ausencias dos profesionais sanitarios de Soutomaior.

No día de hoxe, o centro de saúde de Arcade terá unha única médica para os tres cupos sanitarios. Trátase ademais dunha facultativa que ven derivada do PAC de Pontevedra e que polo tanto leva un día no centro, non coñece os paciente de Soutomaior e terá que atender 3 cupos de case 5000 pacientes. Do mesmo xeito, e tamén pola falta de cobertura das ausencias, a pediatra do centro de saúde de Arcade terá que atender tamén dous cupos sanitarios (Arcade e VIlaboa) cun total de 1600 pacientes. 

O portavoz municipal e deputado Manu Lourenzo sinalou que “pouco se precisou para que as mentiras do conselleiro hai escasos días quedasen en evidencia.  O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña quixo enganar á veciñanza de Soutomaior manipulando os datos e creando confusión entre o número de cartillas sanitarias e o número de habitantes do noso concello. El sabía perfectamente que o que se agocha detrás desa manipulación non é senón o desastre sanitario que padecemos, que moitas veciñas e veciños que viven aquí non ven como unha opción darse de alta na sanidade pública de Soutomaior e, ou ben teñen que optar por ter o médico noutros concellos; ou ben teñen que optar pola privada que é o que en realidade busca o Partido Popular. 

Un novo centro de saúde

Falemos de reorganizar a atención sanitaria do noso municipio. Falemos de construír un novo centro de saúde nunha nova ubicación que vertebre as dúas parroquias, que estea dotado de máis servizos e que garanta unha mellor e máis eficiente atención sanitaria. Podemos e debemos falar de todo isto pero no inmediato o que precisamos son máis médic@s. E se nos obrigan a saír á rúa, pois na rúa estaremos coa nosa veciñanza defendendo a sanidade pública.

Soutomaior sen cita de atención primaria ata o 18 de decembro