OS OITO PRIMEIROS ROTEIROS SUMAN ARREDOR DE 70 QUILÓMETROS

Sendas de Pontevedra: o valor do noso patrimonio natural

Senda do Lérez
Senda do Lérez

O Concello anunciou a creación do proxecto Sendas de Pontevedra co fin de pór en valor o patrimonio natural das parroquias e abrir estes espazos ao goce da xente.

Sendas de Pontevedra: o valor do noso patrimonio natural

O Concello anunciou a creación do proxecto Sendas de Pontevedra co fin de pór en valor o patrimonio natural das parroquias e abrir estes espazos ao goce da xente. Nunha primeira fase son oito os roteiros acondicionados -Camiños de Pedra, Pontillón, Os Tres Pinos, Lobada-Fens, Fontes, Lérez, Alto Lérez e Almofrei-, todos eles circulares, que serán conectados para que se poida cubrir até aproximadamente 70 km. de potencial camiñada.

A conexión dos primeiros roteiros están en marcha, anunciou o concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez, quen subliñou que o principio de “mínima intervención” guía o proxecto. Unha mínima intervención que afecta tanto a recuperación e acondicionamento dos sendeiros como a sinaléctica.

O principio de “mínima intervención” guía o proxecto tanto no acondicionamento dos roteiros como na súa sinaléctica 

Estes días completarase a primeira conexión, a que unirá as rutas de Lérez e Lobada-Fens e instalarase a sinaléctica. Por outra banda, se está a tratar co departamento de Estradas a fórmula para conectar as sendas do Lérez e Almofrei por debaixo da ponte da estrada Pontevedra-Ourense (N-541).

Tamén a sinalización das rutas está en marcha. Deseñada a sinaléctica que marcará o comezo de cada sendeiro, o concelleiro agarda que estea toda instalada e marcada cando remate o inverno. Será unha sinaléctica pouco invasora xa que ademais dos sinais de comezo e algunha baliza que haxa que pór en puntos moi concretos, a senda estará sinalada coas marcas no solo habituais nas rutas de sendeirismo.

Planos sendas

Ao primeiro gran circuíto de Sendas de Pontevedra -os 70 km das oito rutas sinaladas- engadiranse no futuro novas rutas incluídas nos plans de actuacións de distintas parroquias. O obxectivo ultimo, subliña o concelleiro Demetrio Gónez, é que podan estar conectados sendeiros por todo o municipio. Igual que as sendas actuais todos eles combinarán treitos polo monte e espazos naturais con treitos urbanizados e terán carácter peonil aínda que algúns tramos poidan ser rodados en bicicleta.