A ría de Pontevedra, a rede viaria e os servizos públicos, centrarán a actividade parlamentar do BNG

01-10-19-rolda bará-
01-10-19-rolda bará-
A ría de Pontevedra, a rede viaria e os servizos públicos serán os eixos fundamentais do labor que o BNG levará ao Parlamento Galego a respeito da comarca de Pontevedra no último treito da lexislatura, tal e como sinalou en ronda de prensa o deputado do BNG, Luís Bará.
A ría de Pontevedra, a rede viaria e os servizos públicos, centrarán a actividade parlamentar do BNG

A ría de Pontevedra, a rede viaria e os servizos públicos serán os eixos fundamentais do labor que o BNG levará ao Parlamento Galego a respeito da comarca de Pontevedra no último treito da lexislatura, tal e como sinalou o deputado do BNG, Luís Bará.

A RÍA

A respeito da ría da Pontevedra, o deputado nacionalismo indicou cinco grandes temas: o saneamento da ría (desbotando a ampliación da EDAR dos Praceres, seguindo o acordo unánime do Concello de Pontevedra e apostando pola construción de pequenas depuradoras nos concellos da ría), a dragaxe do Lérez (que a Xunta non fai máis que adiar unha e outra vez), ENCE (forzando ao Estado a anular a prórroga e presionando á Xunta sobre a utilización de aceites industriais por parte da pasteira, que violaría os termos da Autorización Ambiental Integrada), a eliminación das concesións no ámbito do ENIL da Xunqueira (a Deputación está camiño de trasladalas ao polígono de Barro, mentres a Xunta e o ministerio de Medio Ambiente continúan actuando como verdadeiros ocupas, dando o exemplo contrario do que deberan facer as administracións públicas) e instar á Xunta a que promova o diálogo co goberno do Estado para a transferencia á Xunta ou ao concello de Poio da illa de Tambo.

 

Mentres a ría de Pontevedra conta con só tres depuradoras, a de Vigo ten nove e de Arousa, once

 

SEGURIDADE VIAL

O segundo grande eixo ten a ver coa rede viaria. Aquí saliéntase como un tema central a mellora da seguranza viaria, principalmente nas estradas PO-308 (Pontevedra-O Grove, ao seu paso por Poio), a PO-546 (Pontevedra-Marín) e a PO-550 (Pontevedra-Vilagarcía de Arousa), para as que se demanda unha actuación planificada e integral. 

SAQUEO DA AP-9

Coa rede viaria, Luís Bará puso o foco en outro dos temas claves: o saqueo da AP-9, para a que seguiremos demandando a transferencia, o rescate da concesión e a rebaixa das peaxes, pero tamén aspectos máis concretos como son a liberación da peaxe entre Vilaboa e Pontevedra, o adecentamento das zonas verdes e a instalación de pantallas anti-ruídos, especialmente na zona de Mollavao.

SANIDADE

E o terceiro grande eixo vai ser os servizos públicos, comezando pola sanidade, en especial prestando atención á alarmante situación dos PACs, aos retrasos inxustificábeis en servizos como pediatría e atención primaria, á situación da residencia de Campolongo ou á desesperante demora que sofren os equipos de valoración da discapacidade, con retrasos de máis de dous anos.

EMERXENCIAS

Especial fincapé faremos tamén nos servizos de emerxencias, instando á Xunta a que desenvolva dunha vez por todas o mapa de emerxencias e a comarcalización dos parques de bombeiros, e que, xuntamente doa Deputación, estuden a mellor solución para dar resposta aos concellos situados en “zona de sombra”, como A Lama, Campo Lameiro,Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Ponte Caldelas e Moraña, nalgúns casos con temPos de resposta de unha hora.