SACA UNHAS BASES IMPOSIBLES DE CUMPRIR

O PP de Portas desprecia ás asociacións

O PP de Portas desprecia ás asociacións

O pasado luns 24 de outubro, o concello de Portas publicou no BOP as “bases e convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o ano 2016”.

O concello de Portas, sen informar previamente nin á oposición nin ás asociacións, aprobou unhas bases que imposibilitan de facto que as asociacións poidan concorrer ás axudas. A desproporcionada petición de documentación, o mínimo prazo de presentación de solicitudes de só 15 días naturais (ata o 8 de novembro, incluídos festivos e fin de semana) e a esixencia de xustificar as actividades subvencionables antes do 15 de decembro fan imposible o cumprimento das bases polo que as asociacións están a renunciar a presentarse.

Tendo en conta o prazo adicional de 10 días contemplado para emendar anomalías nas solicitudes, a tramitación dos expedientes por parte dos técnicos municipais, a resolución da alcaldía, a comunicación de acordo de concesión e un prazo de 7 días para a aceptación, non quedará tempo físico para realizar as actividades e presentar toda a documentación de xustificación antes do 15 de decembro.

BNG-Asembleas Abertas lamenta a falta de sensibilidade e respecto que o goberno municipal está a demostrar coas asociacións culturais e deportivas do concello. Resolver unha convocatoria de axudas que debería ser para todo o ano 2016 en decembro de 2016 é unha tomadura de pelo. Esta nova improvisación non lle servirá ao alcalde e á concelleira de cultura para xustificar a absoluta falta de apoio ás asociacións en ano e medio de mandato