O PP de Barro intenta confundir á veciñanza coas obras de Fenosa para mellorar o subministro eléctrico en todas as parroquias

O PP de Barro intenta confundir á veciñanza coas obras de Fenosa para mellorar o subministro eléctrico en todas as parroquias

Barro, 3 de novembro de 2020. Unión Fenosa, para cumprir o compromiso que os responsables da empresa adquiriron co alcalde a comezos de ano, está executando as obras para dotar ao concello de Barro dun segundo punto de subministro de enerxía eléctrica que mellore o servizo aos veciños de todas as parroquias.

Para a execución destas obras Unión Fenosa contas coas preceptivas autorizacións do Ministerio de Fomento, da Consellería de Industria, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e con licenza municipal.  Desde o Concello xa se informou publicamente a comezos de outubro, tanto a través dos medios como das redes sociais, do inicio inminente destas obras.

Tal e como nos ten acostumados o Partido Popular na súa estratexia de oposición disparatada, está estes días tratando de intoxicar a veciñanza poñendo en dúbida quen promove as obras e asegurando que as obras non contan con autorizacións de Patrimonio nin con licenza municipal.

Para o BNG sería bo que un partido político como o PP que gobernou o Concello durante 32 anos fixera unha oposición un pouco máis seria e rigorosa ou, cando menos, que non intentase enganar aos veciños e veciñas con mentiras. Lamentabelmente, seriedade e rigor parece que son incompatíbeis co PP de Barro.

O PP de Barro intenta confundir á veciñanza coas obras de Fenosa para mellorar o subministro eléctrico en todas as parroquias