Pontevedra, ponente no congreso de mobilidade máis importante do mundo

Pontevedra, ponente no congreso de mobilidade máis importante do mundo

O Concello de Pontevedra foi convidado a participar na XIV Conferencia Internacional Walk21 que se vai celebrar este mes de setembro en Munich.

O simple feito de participar é xa un grande recoñecemento, posto que o noso relatorio, Pontevedra, unha cidade centrada nos peóns, foi escollido entre os máis de 3.000 de 35 paises que foron presentados á organización.

Na carta de aceitación do convite, o alcalde Miguel Fernández Lores lembraba que Pontevedra “desenvolveu unha política centrada nas persoas, na cohesión social e na calidade de vida”.

 

Tonucci gaba o modelo de Pontevedra

O prestixioso pedagogo italiano Francesco Tonucci, autor do libro “La citta dei bambini” (“A cidade das crianzas”) visitou Pontevedra para impartir unha conferencia na faculdade de Ciencias da Educación na que expor a súa proposta de deseño urbano centrado nas crianzas.

Na mesma xornada, Tonucci entrevistouse co alcalde, a quen lle manifestou o seu agrado coa visita á nosa cidade. El amosouse especialmente interesado polo modelo de cidade e perguntou polos datos de siniestralidade, polo centro urbano peonalizado, polas de plataformas únicas, pola prioridade de mobilidade peonil e as medidas de seguranza dos peóns (pasos elevados, por exemplo), pola creación efectiva dos camiños escolares que está previsto estender a toda a cidade, o uso da bicicleta…

O pedagogo solicitoulle ao alcalde que lle remitiran toda a documentación da que dispoña o Concello sobre o modelo de ciudade, os datos e as experiencias reais, xa que como confesou “eu defendo estas ideas e creo que son posibles, pero outra cousa é ver que son efectivas e reais, como aquí”.

Explicou que viña de visitar as cidades de Bogotá, Cidade de México e Lima, duns 9 millóns de persoas cada unha, na que ao seu entender,se poden aplicar modelos como os de Pontevedra barrio a barrio, distrito a distrito.

Pontevedra, ponente no congreso de mobilidade máis importante do mundo