Pontevedra exporá en Glasgow o modelo de cidade

anabel2
Anabel Gulías
A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías participa o mércores 9 de outubro no Cumio Internacional de Rúas Saudábeis 2019, facendo parte dunha mesa redonda dedicada a cidades pioneiras nesta materia
Pontevedra exporá en Glasgow o modelo de cidade

"Cidades saudábeis pioneiras" é o epígrafe da mesa redonda na que participará a Nosa compañeira Anabel Gulías, concelleira de Promoción da Cidade, para expoñer o traballo realizado en Pontevedra en materia de mobilidade e deseño urbano. Esta intervención enmárcase no terceiro Cumio Internacional de Rúas Saudábeis que se celebra en Glasgow e que busca presentar os mellores casos prácticos e proxectos exitosos nesta materia tanto no Reino Unido como no resto de Europa.

A través de diferentes mesas e conferencias pretende achegar exemplos de liderado político, de políticas urbanas, así como de proxectos e programas que contribúen a acadar rúas e cidades saudábeis. Así, Anabel Gulías compartirá mesa con Peter Soulsby, alcalde da cidade de Leicester, capital do condado de Leicesteshire, e con Clyde Loakes, deputado de London Borough of Waltham Forest, municipio pertencente ao condado de Londres.

O convite a participar neste Cumio chegou a finais do pasado mes de agosto da man de Juliana O’Rourke, Directora Editorial, Landor LINKS, e Editora, Local Transport Today e Placemaking, e organizadora do Internacional Healthy Streets Summit 2019. Juliana O'Rourke achegárase persoalmente a Pontevedra e mantivera un encontro co alcalde e con Anabel Gulías para explicarlles o contido da cumio e para coñecer a cidade e o modelo de mobilidade pontevedrés, por tratarse dun caso “famoso” no mundo na xestión do tráfico e do benestar social, segundo ela mesma explicara daquela. Juliana O’Rourke indicara, ademais, que a través do Cumio Mundial de Rúas Saudábeis queren fixar as directrices da xestión dun plan de investimento de 150 millóns de libras en Glasgow e na súa área de influencia para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.

 

Pontevedra exporá en Glasgow o modelo de cidade