Pontevedra: a cidade modelo

rúa_michelena
rúa_michelena

O prestixio e o recoñecemento de Pontevedra na esfera internacional non fai máis que medrar, e unha proba diso son as númerosas intervencións que estas semanas terá o Concello de Pontevedra en foros de mobilidade a nivel internacional.

Pontevedra: a cidade modelo

O posicionamento exterior da cidade avanza con forza. As citas da próxima semana (Rouen, Loulé, Alicant, Iruña... a visita de Tonucci e alcaldes e representantes municipais da rexión italiana de Lazio) e o interese amosado por distintos medios de comunicación internacionais dan proba do prestixio de Pontevedra como cidade referente en accesibilidade e mobilidade a nível mundial.

Hoxe mesmo, o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, recibiu a Hugo Tian, representannte da rexión chinesa de Hunan, que está interesado no modelo urbano de Pontevedra, un modelo que respecta ás persoas e o seu patrimonio histórico. Neste sentido Hugo Tian propuxo un irmanamento con Pontevedra.

As citas inmediatas nas que Pontevedra terá un protagonismo estelar on as seguintes:

  • 15 de setembro: Rouen (Francia): Forum Métropole(s) en Transition, coa participación do Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores
  • 16 de setembro:  Alicant (País Valenciá).Dentro dos actos da Semana europea da mobilidade estamos convidados a impartir unha conferencia de 17 a 19 horas no Departamento de Socioloxía II da Universidade de Alicante. As xornadas que se inician coa nosa conferencia titúlanse: “Mobilidade sustentábel en entornos urbanos”. A conferencia de Pontevedra é: “Unha ciudade centrada nas personas. Peóns, seguridade e mobilidade. Cara unha inversión do esquema dominante” e estará a cargo de Daniel Macenlle, intendente principal da Policía Local
  • 21 de setembro: Seminario de mobilidade urbana. Loulé (Portugal). Dentro da sesión II Boas prácticas de mobilidade urbana. Caso de estudo “A cidade de Pontevedra”. Ponente, Xosé Manuel Tato, director xeral de Urbanismo do Concello de Pontevedra. 
  • 21 de setembro Iruña (Nafarroa): Xornadas de boas prácticas en enerxía e cambio climático. En sintonía co cambio climático. Pontevedra conferencia inaugural co título “Pontevedra, cidade que camiña”. Compartirá experiencias: Granada, Madrid, Andorra, Vitoria, entre outras. Ponente, Anabel Gulías

  • 20-22 de setembro Pontevedra. O psicopedagogo Francesco Tonucci ao fronte dunha delegación de alcaldes e representantes municipais de concellos da rexión do Lazio (Italia) estarán en Pontevedra co fin de participar nunha xornada técnica sobre o modelo de cidade e coñecer os camiños escolares cos exemplos prácticos de Monte Porreiro e Barcelos. Tamén coñecerán a extensión do modelo pontevedrés ao rural cunha visita á parroquia de Salcedo.

  • CONVITE. Pekín (China). Instituto Urbano de CFLD (China Fortune Land Development Co., Ltd) convida ao alcalde Miguel Fernández Lores a dar unha conferencia sobre o modelo urbano de Pontevedra “a experiencia exitosa da primeira cidade sen coches no centro urbano”. O Instituto traballa no estudio e análise de estratexias de desenvolvemento de cidades. Na actualidade traballa coa Academia de Bellas Artes de China na planificación urbana do novo centro de Beijing (Pekín), o que será o novo distrito administrativo da capital chinesa. 

    MEDIOS

  • France-Presse: A xornalista Laurence BOUTREUX da axencia France Press contactou co Concello de Pontevedra co fin de facer unha reportaxe dos Camiños Escolares. O seu interese por Pontevedra xurdiulle ao ler unha entrevista co psicopedagoxía italiano Francisco Tonucci e o programa a prol da independencia e autonomía infantil dos nenos que se aplica e 20 concellos do Estado español... entre eles, e como exemplo, o de Pontevedra. Quere coñecer o proxecto co arranque do curso escolar: como e cando se decidíu pór en marcha a iniciativa, deseño, obxectivos educativos e de desenvolvemento persoal dos nenos e nenas, itinerarios, organización... e resultados após de cursos de experiencia.

  • Mediados-finais de outubro: Grabación da TV pública Corea KBS para un programa que se chama “Os secretos da saúde”. Trátase dun programa documental que se emitirá entre abril e maio en Corea sobre os beneficios de certas prácticas e iniciativas para a saúde. Hai varios equipos grabando en distintos puntos do mundo (Asia, Estados Unidos, Europa). No Estado Español gravan unicamente en Pontevedra sobre os beneficios de camiñar.