Orzamentos 2017: Pontevedra aposta polo investimento

Raimundo González
Raimundo González

O orzamento municipal para 2017 ten unha contía de 72.800.000 euros, é dicir, case un millón de euros máis que no orzamento vixente; baixa o gasto corrente agás na área de persoal (que se incrementa fundamentalmente pola incorporación do persoal do Instituto Municipal de Deportes ao aparato municipal), e increméntase os investimentos.

Orzamentos 2017: Pontevedra aposta polo investimento

A Concellaría de Economía e Facenda vén de presentar os datos xerais do proxecto de Orzamentos de 2017 que ao longo da vindeira semana será entregado ao resto de grupos municipais para que o estuden e iniciar unha rolda de contactos para que fagan achegas ou suxestións, tal e como adiantou o responsábel da área, Raimundo González Carballo.

O orzamento municipal para 2017 ten unha contía de 72.800.000 euros, é dicir, case un millón de euros máis que no orzamento vixente; baixa o gasto corrente agás na área de persoal (que se incrementa fundamentalmente pola incorporación do persoal do Instituto Municipal de Deportes ao aparato municipal), e increméntase os investimentos.

As partidas fundamentais son:

  • Persoal: 21,1 millóns (300.000 euros máis que en 2016)
  • Gasto corrente (contratos municipais de lixo, auga, luz…): 31 millóns, é dicir, 600.000 euros menos que en 2016.
  • O interese da débeda baixa uns 300.000 euros; e a amortización de débeda tamén baixa 2,5 millóns.
  • A transferencia a outras entidades (menos de 700.000 euros dun total de 4,1 millóns)
  • Investimentos: 13.250.000 euros, é dicir, un 20% máis que en 2016 cando se consignaron 11 millóns de euros de investimento.

Raimundo González explicou que neste orzamento non está consignada a achega dos fondos Feder (DUSI) que con cargo a 2017 suporará unha inxección aos investimentos municipais de 2.450.000 euros.

No capítulo de investimentos o concelleiro destacou a actuación prevista no Camiño de Santiago, dende o xacemento arqueolóxico de Valentín García Escudero até a rúa Santiña, pasando por unha intervención na Ponte do Burgo; ou o investimento de 2,8 millóns nos proxectos “Máis modelo” no rural para configurar os núcleos de centralidade parroquial.

Pero este orzamento tamén aposta polo ámbito social. O investimento no Servizo de Axuda no Fogar increméntase nun 50%, alcanzando 1.257.000 euros. Unha cantidade que se suma a outras iniciativas como os distintos convenios coas entidades sociais, o novo Plan de igualdade…

Raimundo González explicou que se trata dun orzamento no que destaca o capítulo de invetimentos “que é o que realmente xera actividade económica, repercute directamente na sociedade pontevedresa e ten un efecto multiplicador”.