O POLÍGONO DE OUTEDA-CURRO MEDRA COA INSTALACIÓN DUN CENTRO LOXÍSTICO DE TRANSFRÍO

Os polígonos industriais de Barro, un atractivo para as empresas

Os polígonos industriais de Barro, un atractivo para as empresas

Barro, 13 de novembro de 2020. A Xunta de Goberno LocaL do Concello de Barro vén de aprobar a licenza de obra a Transfrío Rías Baixas S.L. para a construción e instalación dun centro loxístico de trasfega de produtos de pesca no Polígono de Outeda-Curro. 

A empresa Transfrío S.L. vai executar a súa nave para centro loxístico na parcela A-17, que conta cunha superficie de 3.071 metros cadrados e na que van a investir 1.430.807,97 euros nuhas instalacións que contarán cunha superficie construida de 2.313 m2 .

Nesta sesión da Xunta de Goberno tamén se concedeu licenza de primeira ocupación de Nave almacén na parcela P-32 do Polígono de Sequeiros á empresa Galimentaria S.L. e a licenza para Traballos de nivelación e acondicionamento do terreo na parcela de Distribuciones Froiz S.A., traballos previos para a futura construción do seu centro loxístico de distribución que esta empresa ten proxectado construír no Polígono de Outeda.

Para o Alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes representa unha satisfación comprobar como se van consolidando os polígonos de Barro co asentamento de novas empresas que, ademais, fan que se afiancen estes polígonos como referencia para empresas relacionadas coa alimentación e coas enerxías limpas. 

Para Abraldes tamén “é de salientar o esforzo que se fai por parte do concello para resolver con rapidez toda a tramitación administrativa e urbanística relacionada cos proxectos industriais para facilitarlle ás empresas o seu asentamento en Barro.” Axilidade que teñen agradecido ao Alcalde tanto os responsables de empresas xa asentadas como representantes de asociacións empresariais. Tanto é así que a empresa Transfrío S.L. solicitou a licenza o pasado 29 de outubro e o día 10 de novembro xa foi aprobada pola Xunta de Goberno Local, despois de emitir todos os informes favorables preceptivos por parte do persoal técnico municipal. 

Os polígonos industriais de Barro, un atractivo para as empresas