Os orzamentos do PP condean a Soutomaior a ser vila-dormitorio

Os orzamentos do PP condean a Soutomaior a ser vila-dormitorio

O Concello de Soutomaior celebrou un pleno extraordinario para a aprobación dos orzamentos municipais. Os orzamentos son o documento que regula os ingresos, gastos e investimentos do concello ao longo de todo o ano.

A edil nacionalista Olalla Obelleiro-2O Partido Popular empregou a súa maioría absoluta unha vez máis para aprobar, sen consenso algún, uns orzamentos que contaron co voto contrario de toda a oposición. Nese sentido a edil do BNG Olalla Obelleiro lembraba que “a oposición obtivo máis votos que o PP nas últimas eleccións e por iso ninguén entende que a pesar de que o PP non representa á maioría dos veciños apliquen o “rodillazo” sobre a maioría do pobo de Soutomaior.

Nese sentido, Olalla Obelleiro, amosou o seu rexeitamento a estes orzamentos por seren os orzamentos dun goberno sen proxecto. Soutomaior non pode permitirse a falta de rigor duns orzamentos nos que nin sequera cadran as contas. Sinalou a concelleira do BNG en referencia aos erros contables que había polo documento, ao tempo que sinalaba que  Agustín Reguera condénanos con estes orzamentos a seguir sendo unha vila dormitorio.

Soutomaior non pode permitirse a falta de rigor duns orzamentos nos que nin sequera cadran as contas

Dende o BNG tamén criticaron a falta de transparencia dunhas contas que están pensadas para que os veciños non se enteren do que  está a facer o PP” empregan de forma abusiva figuras xurídicas como a vinculación para gastar o diñeiro dos veciños sen dar a máis mínima explicación.

Así mesmo, o voceiro do BNG Manu Lourenzo criticou tamén que estamos ante uns orzamentos sen transparencia carentes de modelo de concello. O goberno do PP está esgotado, non ten ideas e estes orzamentos son a proba. Non hai investimentos máis alá de bacheos e chapapote. Seguen apostando polo modelo de vila dormitorio, un modelo que fai que no noso concello haxa hoxe xa máis pensionistas que traballadores.  Un dato demoledor, para o noso futuro. Sinalaba o voceiro do BNG.

catastrazo nos orzamentos

Dende o BNG acusaron tamén a Agustín Reguera de mentir a todos os veciños. “Hai uns meses dicía que non ía subir os impostos pero agora vemos como a recadación por IBI nos orzamentos se incrementa outro 10%. Están vivindo por riba das posibilidades dos veciños.

O feito de que, a pesar de todo o que dixeron, agora no apartado de recadación si se vexa un 10% non fai senón demostrar que mentían.

“O seu é un proxecto esgotado que non ten máis norte que o de sablear aos veciños para pagarse asesores” concluiu o voceiro do BNG, Manu Lourenzo.