Marcos Suárez e Eva Villaverde encabezarán a candidatura do BNG en Moraña

Marcos Suárez e Eva Villaverde encabezarán a candidatura do BNG en Moraña

Moraña-marcos,evaO BNG-Asambleas Abertas de Moraña atópase en pleno proceso de configuración da candidatura para as vindeiras eleccións municipais que terán lugar en maio deste ano. Despois de sete asembleas abertas por todo o Concello continúan a establecerse contactos con persoas afíns ao proxecto nacionalista que estean dispostas a formar parte da lista ou do grupo de traballo.

Neste proceso encádrase xa a elección das dúas persoas que encabezarán esta candidatura. O BNG-Asambleas Abertas en asemblea acordou por unanimidade propoñer ao actual Portavoz Municipal, Marcos Suárez Redondo, como cabeza de lista para as vindeiras municipais, e a Eva Villaverde Pego tamén concelleira na actualidade, como segunda.

Con esta decisión a Asemblea quixo deixar claro o respaldo ao traballo feito polo Grupo Municipal durante todo o mandato e a necesidade de darlle continuidade como un chanzo máis no desenvolvemento dun proxecto político que se mantén en marcha.

Marcos Suárez: “É unha honra para min contar co apoio da militancia de Moraña para encabezar unha nova lista do BNG pero tamén unha enorme responsabilidade; cousa que asumo con compromiso de traballo e moita ilusión”

Ante esta proposta, tanto Marcos Suárez como Eva Villaverde, reaccionaron agradecendo a confianza dos seus compañeiros e compañeiras e asumindo con responsabilidade a decisión. Neste sentido, o actual Portavoz Municipal manifestou: “É unha honra para min contar co apoio da militancia de Moraña para encabezar unha nova lista do BNG pero tamén unha enorme responsabilidade; cousa que asumo con compromiso de traballo e moita ilusión”.

Este acordo deberá ser agora ratificado polos órganos correspondentes do BNG, ao igual que o resto da candidatura. Unha candidatura na que se segue traballando a nivel local para que poida completarse nas vindeiras semanas e que, coma de costume, se presume será de consenso.

Marcos Suárez e Eva Villaverde encabezarán a candidatura do BNG en Moraña