O CANDIDATO DO BNG CRITICOU DURANTE A PEGADA DE CARTACES ÁS FORZAS QUE DIN "QUERER DERROTAR AO PP EN MADRID, PERO FAN PINZA CON EL EN PONTEVEDRA CONTRA O NOSO MODELO DE CIDADE"

Votar BNG é votar a un proxecto claro para o país

pegada-1
pegada en Pontevedra

“Galiza precisa alternativas solventes e o BNG é garantía de experiencia e saber facer”. Así o asegurou hoxe o candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, durante a pegada de carteis que marca o inicio da campaña electoral. O nacionalista subliñou que os gobernos liderados pola súa formación á fronte de moitos concellos do país, así como a súa experiencia nas deputacións e anteriores gobernos galegos, son a demostración de que o BNG ten un proxecto claro para o país, serio e solvente.

“É o tempo da experiencia e da valentía para plantar cara aos problemas con determinación”, asegurou, “de construír un país novo que teña nas súas mans as ferramentas para medrar e ter futuro”. Segundo Bará, Galiza estas eleccións son un grande desafío, polo que asegurou que o BNG debe ser a referencia daqueles que lle queren ao país para votar o vindeiro 25-S.

Bará volveu insistir en que non é momento de “improvisacións e experimentos” en relación a outras ‘novas forzas’ cuxos gobernos nas cidades xeraron, ao seu entender, “frustración, malestar e desencanto”. “Nestes últimos meses pasaron moitas cousas e os cidadáns poden valorar para escoller e buscar alternativas máis solventes. O BNG pode ser a opción desas persoas”, salientou. 

Así mesmo, o cabeza de lista do BNG aproveitou para criticar a ‘pinza’ que as forzas “chamadas de esquerdas” realizaron co Partido Popular no día de hoxe no Concello de Pontevedra para intentar impulsar un novo PXOM en contra do modelo de cidade aplicado polo Goberno local. “Din querer derrotar ao PP en Madrid, pero o que fan é un acordo con el en Pontevedra contra o noso modelo de cidade, que está consolidado e é recoñecido en todo o Mundo”, dixo, para engadir que esas forzas deberían aclararse e definirse ante os cidadáns. 

“A nosa é unha proposta seria para cambiar o rumbo do país e deixar atrás o pasado e declive que vivimos con este goberno sen alma que non cre nas potencialidades de Galiza, un goberno submiso e servil que non se impón ás decisións de fóra por moi daniñas que sexan para o país”, finalizou Bará.

Votar BNG é votar a un proxecto claro para o país