Lores solicitará unha entrevista con De Guindos para abordar a estafa das preferentes

Lores solicitará unha entrevista con De Guindos para abordar a estafa das preferentes

Pontevedra, 19 de febreiro de 2013. O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores comprometeuse esta tarde a enviar en breve unha carta ao ministro de Economía, Luís de Guindos na que lle solicitará como alcalde dun concello con grande número de afectados polas preferentes e subordinadas unha reunión para abordar esta problemática, no marco dunha representación institucional da provincia, probablemente integrada por outros alcaldes. Así llelo confirmou á representación da Plataforma de Preferentes coa que se reuníu esta tarde no Concello.

Ademais, os representantes pedíronlle ao alcalde que no vindeiro pleno se debatese unha moción que esixa ás entidades involucradas nesta “estafa” e ao Goberno que se devolva a integridade dos aforros dos afectados sen acudir a unha quita. Sosteñen que son aforradores e non investidores tal e como se recolle en documentación interna elaborada polas caixas de aforro que venderon estes productos así como pola propia Xunta de Galiza.

Os representantes da Plataforma informáronlle que seguirán mantendo concentracións na cidade de xeito rotatorio ante os edificios públicos para seguir chamando a atención da cidadanía e das administracións ante esta problemática.

Autobuses para a manifestación do sábado 23

A plataforma de Pontevedra e Marín pon a disposición das persoas interesadas en asistir á manifestación prevista para este sábado, 23 de febreiro, na cidade da Coruña convocada Plataforma Galega das Preferentes, un autobús que sairá do Recinto Feiral ás 09.15 horas da mañá.

Lores solicitará unha entrevista con De Guindos para abordar a estafa das preferentes