O goberno municipal demanda calmar o tráfico e coidar ás persoas nas estradas da Xunta

O goberno municipal demanda calmar o tráfico e coidar ás persoas nas estradas da Xunta

estradas-xunta-11A Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda solicitou ao Concello de Pontevedra propostas, proxectos e suxestións, no marco do seu anunciado Plan para a Promoción de Sendas Peonís e Ciclistas nas estradas de titularidade autonómica.

Trátase dunha oferta que ten un máis que evidente cheiro a fume electoral dentro da campaña que ten iniciada o Partido Popular por toda Galiza, mais non vai ser por iso que o Concello de Pontevedra deixe de facer os deberes.

Até sete proxectos remitiulle o Concello tomando como base as necesidades apuntadas nos traballos recollidos na M-4, que xa no 2006 definiu as necesidades viarias de Pontevedra, e outros documentos como o Plan de Tráfico do ano 2011 ou mesmo ademanda sobre a variante de Alba e o proxecto de beirarrúas para a PO532 a Ponte Caldelas.

En calquera caso, a base da proposta do Concello é a filosofía que impregna o modelo urbano de Pontevedra e máis o interese do BNG por estendelo a todas as parroquias.

Por iso o noso compañeiro Demetrio Gómez subliñou que as propostas que pon enriba de mesa o Concello de Pontevedra para mellorar a mobilidade e seguranza nas estradas autonómicas que cruzan o termo municipal están vencelladas a potenciación dos núcleos de centralidade nas parroquias, á necesidade de garantir seguridade das persoas e son demandas veciñais.

O goberno municipal demanda calmar o tráfico e coidar ás persoas nas estradas da Xunta