Galiza Nova apoia a folga en defensa do ensino público galego

Galiza Nova apoia a folga en defensa do ensino público galego

erguerPontevedra, 12 de abril de 2016. Galiza Nova, mocidades do BNG, desenvolveu durante as pasadas semanas na comarca de Pontevedra unha intensa campaña para espallar a Folga do vindeiro 13 de abril convocada por Erguer, organización unitaria do estudantado galego. O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, que explicitou o apoio da mocidade do BNG á folga estudantil, afirmou que “esta non é só una mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar definitivamente e toda a súa totalidade a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2”, que calificou de "ataque brutal contra o ensino público co que pretenden que a maioría do estudantado quede fora do ensino e pecharlle as portas da universidade". Para Mera, “mentres no se derrogue totalmente a LOMCE e o 3+2 estaremos volvendo ao modelo educativo franquista, un retroceso de 50 anos co obxectivo de volver a un ensino máis españolizado e só para ricos.”

Na comarca de Pontevedra realizáronse repartos do material e xuntanzas informativas cos estudantes dos centros de ensino medio de Pontevedra e arredores. O responsábel comarcal, Alberte Fernández, indicou que “a campaña tivo unha extraordinaria acollida entre o estudantado e recabou o apoio de outros sectores da comunidade educativa, como o profesorado ou as nais e pais, afectados tamén por estas políticas de recortes.” Así mesmo, Alberte Fernández informou da dunha manifestación e unha concentración convocadas por Erguer para a propia xornada de folga en Pontevedra con saída desde a Peregrina e na Carballeira de Caldas respectivamente, ambas ás 12:00.

Desde Galiza Nova fan un chamamento á mocidade da comarca de Pontevedra a apoiar a Folga Estudantil do 13 de arbil convocada polo estudantado galego e a acudir á concentración/manifestación porque, en palabras do Secretario Xeral da organización, “ou loitamos agora polo ensino público galego ou perderémolo para sempre, e só as elites poderán estudar."

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra, pola súa banda, acordou apoiar a mobilización estudantil.

Galiza Nova apoia a folga en defensa do ensino público galego