Ernesto Filgueira urxe ao arranxo da rede municipal de saneamento de Cerdedo-Cotobade

Anxo Santomé e Ernesto Filgueira
Anxo Santomé e Ernesto Filgueira
Unha ruta realizada polo BNG detectou graves deficiencias tanto nas decantadoras como na rede de saneamento de Cerdedo-Cotobade, con vertidos directos de augas residuais ao medio natural
Ernesto Filgueira urxe ao arranxo da rede municipal de saneamento de Cerdedo-Cotobade

O BNG de Cerdedo-Cotobade ven de presentar unha moción para que se revise de xeito integral a rede municipal de saneamento, para solventar as graves deficiencias detectdas polo BNG despois de realizar unha ruta de prospección polas diferentes parroquias do concello.

Durante esta ruta constatouse o deterioro denunciado da rede, que xa fora denunciado polo vecindario. Así, poidemos comprobar a ruptura parcial ou total das tubaxes mesmo antes de enlazar coas decantadoras, provocando situacións de verquidos aos camiños públicos, ao entorno natural e aos ríos e regatos próximos. Ademáis, detectáronse casos de decantadoras que presentan notables deficiencias, como peches perimetráis deteriorados e sen mantemento, invadidas de maleza e en moitos casos lanzando augas residuais polas súas tapas e tubaxes directamente ao medio natural.

A esta situación chégase por anos e anos de abondono e desleixo por parte da autoridade municipal, que non se preocupou nunca polo mantemento en perfecto estado da rede de saneamento municipal, nin por revisar o funcionamento das decantadoras.

Coincidindo co Día Mundial do Saneamento, o Portavoz Municipal do BNG, Ernesto Filgueira, denunciou a situación e urxíu ao goberno municipal de Cerdedo-Cotobade a que se poña mans á obra para solucionar as deficiencias existentes na rede de saneamento, de xeito que poidamos contar cunha rede en perfecto estado, que evite as situacións de contaminación ao medio natural que se están a producir