Constituída a Asemblea Local de GN en Pontevedra-Poio

Martín Coego e María Bará
Martín Coego e María Bará

A Asemblea Local de Galiza Nova recén constituída escolleu como responsábeis a Martín Coego e María Bará

Constituída a Asemblea Local de GN en Pontevedra-Poio

A militancia de Galiza Nova aprobou a constitución da Asemblea Local Pontevedra-Poio coa intención de atender ás problemáticas da mocidade dende a proximidade. 

As máis de 30 militantes de Pontevedra e Poio crean un espazo común no que levar a cabo un plan de traballo local que potencie a presenza de Galiza Nova nas rúas para que a organización xuvenil do BNG siga sendo referente e pule por un contacto continuado coa mocidade desta zona.

Na primeira asemblea local escolleuse a Martín Coego, de Poio, e María Bará, de Pontevedra , como responsábeis locais.