O Concello de Pontevedra estuda axudas para a limpeza do fondo da ría de Vigo

O Concello de Pontevedra estuda axudas para a limpeza do fondo da ría de Vigo

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2013. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a unha representación de mariscadoras da Confraría de Arcade, a metade dos seus integrantes residentes nas parroquias pontevedresas de Ponte Sampaio e Canicouva. A Confraría conta, na actualidade, 91 mariscadoras.

Na reunión expuxéronlle que traballan no fondo da ría de Vigo, e que o pasado Nadal sufriron varias avenidas de auga doce que provocou a morte dos bancos de ameixa e berberecho. A Consellería de Pesca pechou a zona por catro meses, e na actualidade as mariscadoras atópanse nunha complicada situación económica ao non poder traballar.

Solicitáronlle colaboración económica ao Concello de Pontevedra para, no mes de marzo ou abril, iniciar os traballos de limpeza do areal e proceder a plantación de nova ameixa.

O alcalde de Pontevedra comprometeuse a estudar esta petición “razonábel porque esta situación non sucede todos os anos, e especialmente tendo en conta que se trata dun sector importante do que viven moitas familias. Aínda que non temos competencias neste eido, creo que poderemos colaborar con eles”.

O Concello de Pontevedra estuda axudas para a limpeza do fondo da ría de Vigo