O Concello de Pontevedra critica a forma en que a Deputación e o Imserso desfán a Teleasistencia

O Concello de Pontevedra critica a forma en que a Deputación e o Imserso desfán a Teleasistencia

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2013. A concellaría de Benestar Social quere denunciar a vía indigna que empregan a Deputación de Pontevedra e o Imserso para comunicarlle as persoas que dispoñían do servizo de

Teleasistencia, que van deixar de financiar o servizo.

A teleasistencia para as persoas maiores dispoñía un financiamento a tres bandas froito dun convenio entre Imserso, Deputación e Concello. A día de hoxe, o Concello descoñece oficialmente a decisión das outras partes, e foi a empresa EULEN (concesionaria do servizo) quen comunicou á concellaría de Benestar Social Municipal que ía retirar os dispositivos as persoas que o tiñan.

O xeito de facer destas institucións é insultante tanto para o Concello como para as usuarias e usuarios do servizo.

O Concello está a traballar para solucionar esta nova desfeita da Deputación e da Administración do Estado.