O Concello de Pontevedra busca a excelencia dos espazos públicos

Eva Vilaverde
O Concello de Pontevedra crea un departamento específico para buscar a excelencia nos espazos públicos, con persoal específico para o control dos contratos de obras menores, que se coordinará con outros departamentos e manterá contactos constantes coa veciñanza
O Concello de Pontevedra busca a excelencia dos espazos públicos

A concelleira responsable do Sostemento do Espazo Público, Eva Vilaverde vén de presentar a nova carteira municipal que terá por cometido executar pequenas obras de mantemento nas vías urbanas: reposicións, arranxos puntuais, cambio de mobiliario, bancos, farois, valados, sumidoiros, pinturas, lombos...Segundo a concelleira, “traballos tediosos e que supoñen un gran esforzo, que nos obrigan a traballar dunha maneira sistemática e ordenada, pero que son unha prioridade absoluta de Goberno para este mandato”.

Eva Vilaverde explicou que o espazo público en Pontevedra é un concepto nuclear do que dependen o resto de políticas municipais. Asegurou que o estado dos espazos públicos na actualidade “é bo pero para a veciñanza a importancia é maior e a esixencia é maior. Polo que temos que camiñar cara á excelencia”.

Para pór en marcha esta nova carteira é preciso unha reorganización da administración, coordinación co resto de áreas e participación veciñal.

Neste marco, o Concello creará un departamento específico cunha estrutura de persoal que se adique en exclusiva ao espazo público facendo un control e seguimento estrito dos contratos e resolvendo con inmediatez.

Tamén será precisa unha boa coordinación cos outros departamentos municipais relacionados co espazo público: persoal (para crear o novo equipo), parques, limpeza, patrimonio histórico...

E finalmente, a terceira pata deste departamento, é a participación veciñal “porque podemos ter coñecemento das necesidades evidentes, pero é preciso priorizalas, e para iso temos que coñecer as demandas dos veciños e veciñas”, explicaba Eva Vilaverde.

A páxina web municipal pontevedra.gal e a posibilidade de habilitar unha APP serían outras canles de comunicación con este novo departamento de Sostemento de Espazos Públicos, ademais do contacto directo co servizo.

Eva Vilaverde anunciou que iniciará unha rolda de contactos coas asociacións veciñais para presentarlles esta nova iniciativa municipal.

Mentres o Concello tramita a creación desta nova estrutura municipal, está en marcha a licitación do primeiro gran contrato que xestionará o departamento: 500.000 euros para o mantemento dos espazos públicos durante un ano, coa posibilidade de prórroga por outro máis un proceso de licitacióná que se presentaron captor empresas

O Concello de Pontevedra busca a excelencia dos espazos públicos