O Concello de Poio pide que se recoñezan as doenzas vinculadas ao sector marisqueiro

Marga Caldas, concelleira en Poio
O Concello de Poio pide que se recoñezan as doenzas vinculadas ao sector marisqueiro

O Concello de Poio vén de aprobar por unanimidade unha iniciativa conxunta do BNG e PSOE para que o goberno do Estado adopte as medidas necesarias para o recoñecemento das doenzas vinculadas ao sector de mariscadoras a pé.

O recoñecemento das doenzas propias do sector marisqueo, así como formación en prevención de ditas doenzas, e o acceso a profesionais que lles poidan axudan nas mesmas (fisioterapeutas, traumatólogos...) forman parte das demandas históricas das confrarías do fondo da ría de Pontevedra.

O BNG sempre foi consciente desta problemática, e desde o Concello de Poio desenvolvéronse con grande éxito cursos de formación para a prevención das doenzas.

Agora dase un paso máis, instando ao goberno galego a que demande do goberno español o estabelecemento dun catálogo de doenzas profesionais no sector do marisqueo a pé a fin de permitir o acceso a prestacións económicas no caso de baixas orixinadas por enfermidades que teñan vinculación coa súa actividade persoal; e que se incrementen os coeficientes redutores da idade de xubilación no sector do marisqueo a pé.

As confrarías integrantes do Plan de Explotación Conxunto para o Marisqueo a Pé do fondo da Ría de Pontevedra (Lourizán, Pontevedra e Raxó) a través das súas patroas maiores e do seu patrón maior fixeron público o seu apoio a esta iniciativa do Concello de Poio

O Concello de Poio pide que se recoñezan as doenzas vinculadas ao sector marisqueiro