O Concello de Barro solicita a redución do IVE de máscaras e xeles hidroalcólicos e que a Xunta asume o custe das mascaras nos centros de ensino

O Concello de Barro solicita a redución do IVE de máscaras e xeles hidroalcólicos e que a Xunta asume o custe das mascaras nos centros de ensino

Barro, 1 de outubro de 2020. A pandemia provocada pola propagación da COVID.19 está a ter consecuencias importantes non só no ámbito sanitario, senón tamén no plano económico a todos os niveis, o que repercute gravemente na economía de moitas familias.

Co obxectivo de reverter esta situación inxusta o pleno do concello de Barro aprobou unha moción do BNG exixindo ao goberno do Estado a redución do tipo impositivo dos produtos sanitarios de uso obrigatorio e á Xunta de Galiza que asuma o custe total das máscaras nos centros educativos,

Non ten lóxica que as máscaras de uso obrigatorio para toda a veciñanza, e especialmente nestes momentos para a comunidade educativa, teñan o mesmo IVE que produtos que claramente non son de primeira necesidade. Consideramos pois que é prioritario a aplicación do IVE superreducido do 4% nas máscaras e xeles hidroalcólicos ao ser produtos de primeira necesidade.

Nesa mesma liña, o BNG, solicitou na súa moción que a Xunta de Galiza asuma o sobre custo da limpeza dos colexios que no caso de Barro recae na administración local.

O Concello de Barro solicita a redución do IVE de máscaras e xeles hidroalcólicos e que a Xunta asume o custe das mascaras nos centros de ensino