Cea-Homenaxe a Iñaki Fdez. Zárraga

cea-homenaxe a iñaki
cea-homenaxe a iñaki
Cea-Homenaxe a Iñaki Fdez. Zárraga

O BNG celebrará o vindeiro sábado 21 de abril no Hotel-Restaurante Lotus, unha Cea-Homenaxe ao histórico militante e actual portavoz do BNG no concello de Caldas de Reis, Iñaki Fernández Zárraga, en recoñecemento polo seu traballo en defensa dos veciños e veciñas e na implantación do nacionalismo no concello.

Será un acto de recoñecemento polo traballo realizado, pero tamén polo que ten que realizar de agora en diante. Toda a súa experiencia e a súa bagaxe política contribuirán, como até agora, ao fortalecemento do BNG en Caldas de Reis. Un traballo en equipo. Un traballo constante, serio e riguroso co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.

O acto, contará coa presenza de numerosos cargos orgánicos e institucionais da comarca, e as intervencións, entre outros, do membro da Executiva Nacional, Xosé Rivas, “Mini”.

A cea está aberta a todos os veciños e veciñas que o desexen, ao prezo de 20 euros. Pódense anotar dirixíndose ao militantes do BNG de Caldas de Reis, polas redes sociais (facebook: BNG de Caldas) ou no local comarcal do BNG (pontevedra@bng.gal)

Como se anunciou recentemente, razóns de traballo impídenlle a Iñaki Fdez. adicarlle o tempo necesario ao labor municipal, polo que vai ser sustituido nas responsabilidades institucionais polo número 2 da candidatura, Manuel Fariña