O BNG-Cotobade denuncia o abandono de espazos públicos de lecer

Area Fluvial de Xesteira
Area Fluvial de Xesteira
O BNG-Cotobade denuncia o abandono de espazos públicos de lecer

Dende o BNG de Cotobade queremos manifestar o malestar polo estado de abandono que presentan varios espacios públicos recreativos así como o estado de deterioro que presenta o seu mobiliario urbano.

 

En diversos encontros sociais e veciñais organizados polo BNG ao longo destes días de nadal percibimos un fondo malestar co goberno de Jorge Cubela debido a o perceptible desleixo en temas como a limpeza dos espazos de uso e esparcemento públicos, o mantemento dos bens mobeis así como tamén daqueles elementos necesarios para garantir a seguridade e integridade das persoas en determiñados espazos moi frecuentados tanto por veciños como por visitantes que se achegan ata o municipio para estaren coas familias ou por excursionistas que aproveitan estos días de lecer para disfrutar das rutas de sendeirismo existentes na localidade. 

 

Sabemos que para o goberno do PP este é un tema menor en tanto en canto só parecen preocupados das súas campañas de propaganda persoal e en atopar saídas políticas máis rentables para os seus, como estamos a ver nos últimos meses, mais de cara a vida cotidiana dos veciños e veciñas e de cara a imaxe púbica da nosa terra, Cotobade atópase abandoada, co proxecto político do PP desnortado e a bandazos, e creando unha fonda decadencia da nosa identidade social coma Cotobadeses.

 

Algunhas das zonas cuio abandono denunciamos son a Carballeira da Xesteira  (mobiliario oculto baixo a maleza, mesas destrozadas), o entorno das Piscinas da Xesteira (ademáis de estar intransitable pola maleza presenta unha enorme perigosidade ao non conservar os elementos técnicos que rodean o río e as piscinas fluviais, sen reposición das cubertas de madeira que foron levadas polas riadas de hai uns anos na súa ponte peonil), a Fonte e Lavadoiro de Cabanelas-Viascón (moi sucia no medio dunha praza histórica), a Área Recreativa de Cardoso-Tenorio (uso imposible debido a que a maleza traga literalmente o mobiliario), … ademáis de outras fontes públicas e lavadoiros sen mantemento ubicados en Carballedo, Loureiro…

 

“Advertimos a Cubela que deixe a súa política de autobombo persoal, que se centre na realidade e de solucións prontas aos problemas da veciñanza, esixímoslle que evite continuar afondando no afastamento da administración local aos veciños e veciñas, pois, entendemos que sería bo que o diñeiro público servise para garantir a convivencia social e non só para pagar as débedas que nos endousou o señor Balseiros”