O BNG urxe a un gran pacto político e social polos Baños do San Xusto. 

O BNG urxe a un gran pacto político e social polos Baños do San Xusto. 

Cerdedo-Cotobade, 16 de mano de 2020. O BNG entende que a recuperación dos Baños do San Xusto é fundamental para o Concello de Cerdedo-Cotobade, e así o leva reivindicando desde o 2011, cando a recuperación dos antigos baños termais só estaba na axenda política do BNG.

Recuperar os baños non é só recuperar unha parte fundamental da nosa história (a finais do século XIX o complexo termal vivíu a súa época de maior esplendor) senón que, ao poñer máis en valor a carballeira do San Xusto e os meandros do Lérez, servirá para promocionar o turismo e a economía local.

Recuperar os Baños debe ser un labor no que todos, forzas políticas e sociedade, rememos nunha mesma dirección. O Portavoz do BNG, Ernesto Filgueira, lamenta, neste sentido, o clima de confrontación e crispación social creado nos últimos días polo alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a portavoz do PSOE, Lina Garrido, que en nada axuda para a boa marcha do proxecto.

Ernesto Filgueira: “Sinto tristeza ante a situación de confrontación e división veciñal creada entre o PP e o PSOE no marco do proxecto dos Baños do San Xusto, tan importante para o futuro do concello”. 

Na vindeira Xunta de Portavoces, Filgueira solicitará do goberno municipal que informe ás forzas políticas dos proxectos estruturais que teña en marcha e, ao mesmo tempo, instará ao establecemento dun gran pacto polos Baños do San Xurxo de todas as forzas políticas con representación municipal. “Entendemos -di Ernesto Filgueira- que, si se fai ben, a recuperación dos Baños pode ser un grande activo que xere un importante movemento económico no municipio, promocionando un turismo sustentábel e saudábel capaz de atraer a persoas desexosas de riqueza termal, paisaxística, etnográfica e arqueolóxica”. 

 

O BNG urxe a un gran pacto político e social polos Baños do San Xusto.