O BNG de Soutomaior organiza autobuses para participar na manifestación en defensa da sanidade pública do vindeiro 9 de febrero

soutomaior-sanidade
O BNG de Soutomaior organiza autobuses para participar na manifestación en defensa da sanidade pública do vindeiro 9 de febrero

O BNG de Soutomaior anima a toda a veciñanza a participar na manifestación en defensa da sanidade pùblica que terá lugar o vindeiro 9 de febreiro en Santiago de Compostela. Para iso, porán autobuses a disposición da veciñanza para que poida secundar unha manifestación que é máis necesaria ca nunca en Soutomaior e no resto do país

O portavoz do BNG ,Manu Lourenzo, denunciou tamén que o centro de saúde de Arcade quedou o día 27 de xaneiro outra vez sen médicos, temos aos profesionais queixándose do abandono que sofren por parte do SERGAS e a veciñanza está absolutamente desatendida. Por este motivo, dende o BNG animamos a toda a veciñanza na manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar o día 9 en Santiago.

Ademais, o pleno do concello de Soutomaior, abordará o vindeiro xoves unha nova iniciativa do BNG en defensa da sanidade pública. Os nacionalista esixen o cese do demantelamento da sanidade pública. A este respecto o portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo esixiu ao alcade Agustín Reguera que exerza de alcalde e que actúe para defender aos seus veciños ante os recortes do PP.

Na comisión de sanidade do Concello de Soutomaior debateuse a nosa iniciativa en defensa da sanidade pública, que contou cos votos favorabeis do BNG e a abstención, unha vez máis, do PP. 

O BNG de Soutomaior organiza autobuses para participar na manifestación en defensa da sanidade pública do vindeiro 9 de febrero