O BNG solicita o cese do 1º Tenente de Alcalde de Moraña

O BNG solicita o cese do 1º Tenente de Alcalde de Moraña

Moraña, 11 de xuño de 2013. O BNG vén de solicitar a dimisión do Iº Tenente de Alcaldía do Concello, Jorge Caldas, despois da súa vergoñenta e chulesca actitude no último pleno municipal coas persoas afectadas polas preferentes e subordinadas.

Para o BNG é eticamente incompatíbel e indigno para un cargo público as actitudes chulescas, burlonas, insultantes e prepotentes de Jorge Caldas cos veciños e veciñas e dos demais membros da Corporación Municipal.

Diante da gravidade dos feitos, o BNG vén de solicitar a dimisión de Jorge Caldas e, no caso de non producirse, que a alcaldesa o cese das súas responsabilidades e o expulse do grupo municipal do PP

O BNG solicita o cese do 1º Tenente de Alcalde de Moraña