O BNG propón medidas para a promoción do albariño de Soutomaior

uvas albariñas
uvas albariñas
O BNG propón medidas para a promoción do albariño de Soutomaior

O BNG vén de presentar no rexistro do Concello unha moción na que propoñemos medidas moi ambiciosas para a promoción do sector vitivinícola de Soutomaior. 

O voceiro municipal do BNG Manu Lourenzo sinalaba que “mantivemos reunións e conversas con varios representantes do sector e entendemos que é importante que todos nos unamos para defender un produto de altísima calidade como é o albariño de Soutomaior. É importante facer unha lectura correcta da realidade que temos no concello e dar apoio a un sector produtivo tan importante como é o do viño de Soutomaior. Un sector que ten posibilidades inmensas tanto nos mercados estatais como nos internacionais. Non teño ningunha dúbida de que se o facemos ben este proxecto traerá beneficios inmensos para o noso municipio.

O albariño de Soutomaior constitúe a quinta subzona da DO de orixe Rías Baixas. E isto é algo que temos que saber explotar e promocionar. En Soutomaior, ademais duns viños excelentes, temos algo  polo que moitas zonas levan loitando durante décadas, como é a DO. Debemos apoiar aos colleiteiros e ás adegas porque o potencial do noso viño é inmenso. Tan só fai falta confianza no noso e apoios dende as institucións. Apoiando o sector do viño de Soutomaior estaremos contribuíndo a crear riqueza para todo o concello, sinalaba Lourenzo. 

É importante destacar que dende hai xa algún anos, a procura de matices propios nos viños está a ser un valor engadido á calidade dos mesmos.  Cada día máis, búscanse producións pequenas de altísima calidade. Producións nas que os viños que posúen un carácter diferencial, como é o caso dos de Soutomaior, marcan a diferenza nuns mercados no que estas pequenas producións que compiten en calidade teñen grandísimas posibilidades .

A situación do albariño de Soutomaior encaixa á perfección nestas demandas do mercado. A quinta subzona da DO Rías Baixas (cuarta segundo a orde de aparición) constitúe unha realidade vitivinícola propia, cun carácter  propio que cada día máis cotiza á alza. As empresas son coñecedoras desta realidade e por iso as adegas de Soutomaior están a producir uns viños excelentes con  capacidade para competir en calquera cata internacional cos mellores viños do mundo. 

O voceiro do BNG Manu Lourenzo sinalou que agora corresponde ás institucións apoiar ao sector e por iso entendemos que é importante que existan medidas serias e ambiciosas para promoción do noso produto. Nós levamos unha proposta que tivo boa acollida e que cremos que se a facemos entre todos e seguindo as indicacións do sector pode dar moi bo resultado para o noso Concello. Trátase de realizar unas xornadas do Albariño. Unhas xornadas nas que os principais prescriptores do sector se atopen arredor do albariño de Soutomaior. Debemos ser ambiciosos e xuntar aos principais blogueiros, sumillers, enólogos e colleiteiros para que as nosas bodegas, e todos os axentes que participan da viticultura de Soutomaior, poidan interactuar e acadar a presenza mediática e a promoción que o seu traballo e os seus produtos merecen.