O BNG presenta a súa candidatura en Caldas para gañar as eleccións

O BNG presenta a súa candidatura en Caldas para gañar as eleccións

candidatura-caldasCaldas de Reis, 6 de marzo de 2015.- O BNG de Caldas presentou o sábado 6 de marzo ás 21 horas na súa sede local (r/ Fermín Mosquera 14) ao equipo co que se presentará ás eleccións municipais, un equipo que sae a gañar.

Nesta ocasión, o BNG preséntase en Caldas con unha lista totalmente renovada na que só repiten 4 membros da anterior candidatura e con gran presenza de independentes, unha lista participativa emanada das Asembleas Abertas que ven convocando o BNG na vila termal dende hai meses, unha lista na que se integran persoas de diversos colectivos e con presenza destacada dos movementos socias.

Así mesmo o candidato á alcaldía, Iñaki Fernández, é unha persoa moi coñecida en Caldas de Reis, que se presenta con ilusión renovada, con experiencia e coas ideas claras, rodeado dun equipo con ampla experiencia de xestión e preparado para gobernar, composto por:

  1. José Ignacio Fernández Zárraga
  2. Manuel Fariña Souto
  3. María Jesús Rosillo Campaña
  4. José Manuel Fariña Jamardo
  5. Manuela Bello Martínez
  6. Agustín Jamardo Castro
  7. Paula Rodríguez Fraga
  8. Enrique Rubianes Barreiro
  9. Alicia Aboy Portela
  10. Xosé Manuel Castromán Sanmiguel
  11. María Luísa Barral Núñez
  12. Manuel Cesáreo Rey Silva
  13. María José Güimil Trigo

Iñaki Fernández mostrouse ilusionado e comentou que está “orgulloso do equipo co que se presentará ás vindeiras eleccións municipais”, “un equipo preparado para gobernar, con ilusión e con moitas ganas de devolver a este concello ao lugar que se merece”.

Rachar coa situación de parálise e de falta de expectativas faise imprescindíbel. E para iso se presenta o BNG, cuns obxectivos claros:

1) Devolverlle o Concello ao Pobo, que a xente de Caldas de Reis sexa a PROTAGONISTA. O BNG promoverá a participación da veciñanza na vida municipal, xa que esta participación é fundamental para a transformación do concello. Os veciños e veciñas teñen que ser os verdadeiros protagonistas. Escoitar, Dialogar e Consensuar serán elementos centrais da nosa acción de goberno.

2) Facer unha xestión eficaz dos recursos públicos, rematando co despilfarro e a improvisación do PSOE. Somos conscientes que o diñeiro é dos veciños e veciñas de Caldas e ten que reverter na mellora da súa calidade de vida.

3) Dinamizar a vida social e a economía, facilitando a creación de emprego, liderando a comarca e promovendo a Caldas como cabeceira de comarca. Para lograr estes obxectivos o BNG presenta unha candidatura solvente, con capacidade, e ilusionada, froito do proceso de Asembleas Abertas que nos serviu para que moitas persoas preocupadas pola situación do Concello se incorporasen ao noso proxecto.

O BNG presenta a súa candidatura en Caldas para gañar as eleccións