SANIDADE, EDUCACIÓN E SANEAMENTO DA RÍA, OBXECTIVOS DO BNG

O BNG presenta emendas aos orzamentos da Xunta para Soutomaior por case dous millóns de euros

Soutomaior-orzamentos Xunta2021
O BNG presenta emendas aos orzamentos da Xunta para Soutomaior por case dous millóns de euros

Soutomaior, 8 de xaneiro de 2021. O BNG de Soutomaior presentou no día de onte as emendas presentadas dende a localidade aos orzamentos da Xunta de Galiza. Nstes orzamentos, que son o documento máis importante do goberno no que se contemplan os investimentos que se realizarán no ano 2021 non aparecen contemplandas partidas que, tal e como sinalou o responsábel local do BNG José Costas, “supoñen prioridades irrenunciábeis para a veciñanza de Soutomaior. Prioridades que levan anos sendo atrasadas e deixando aos vecinos de Soutomaior sen os investimentos que precisamos en sectores fundamentais para o noso concello”

Neste sentido Jose Costas,que presentou as enmendas aos orzamentos acompañado da viceresponsábel local Rosana Comesaña e do portavoz municipal e deputado Manu Lourenzo, sinalou que o BNG presentou emendas aos orzamentos para Soutomaior por un valor de case dous millóns de euros. “Estas emendas constitúen unha proposta realista e rigurosa. Prometemos á veciñanza defender os nosos intereses e iso estamos facendo e por iso o parlamento galego votará se a veciñanza de Soutomaior poderá beneficiarse destes investimentos na nosa sanidade pública, na nosa educación pública e no noso mar”.

As emendas do BNG aos orzamentos das distintas consellarías demandan un investimento dun millón de euros para iniciar a construción dun novo centro de saúde no municipio. “un centro de saúde entre Arcade e Soutomaior que estea a altura das necesidades da nosa veciñanza “ sinalou o portavoz municipal Manu Lourenzo que informou tamén que “solicitamos ademais outra partida de 150.000 euros para dotar o centro de saúde do persoal médico e sanitario que tanto precisamos”.

Outra das emendas presentadas, por un valor de 600.000 euros está destinadas a construcción da Fase II do IES de Soutomaior. “O que lle esiximos á xunta é que cumpra coas demandas tanto do pleno e do consello escolar do IES de Soutomaior para que os nosos mozos e mozas non teñan que quedar nas aulas nos días de choiva e poidar disponer dos espazos necesarios. Temos un instituto que ficou pequeño un ano despois de ser inaugurado e a Xunta debe cesar coa discriminación ao noso concello e cumprir coas necesidades educativas de Soutomaior” destacou Manu Lourenzo.

A última das enmendas presentadas ten como obxectivo que “dunha vez por todas se constrúa a depuradora pola que levamos tantos anos agardando. Estamos fartos de anuncios e máis anuncios que nunca se executan. O mar é un sector económico fundamental para o noso concello e a nosa ría debe sanearse de maneira inmediata” concluíu o portavoz do BNG.

O BNG presenta emendas aos orzamentos da Xunta para Soutomaior por case dous millóns de euros