Aprobado por unanimidade o tratamento en terra dos lodos contaminantes da dragaxe do Lérez

FOTO-LUÍS-BARÁ-VERTIDOS-RÍO-LÉREZ-copia-2
Luís Bará na Comisión de Medio Ambiente
Luís Bará exixíu que se cumpra o acordo parlamentario para evitar que os lodos sexan depositados en zonas de marisqueo e propuxo como única alternativa o “seu tratamento en terra”
Aprobado por unanimidade o tratamento en terra dos lodos contaminantes da dragaxe do Lérez

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará defendeu unha proposición non de lei, na comisión de Medio Ambiente, para  desbloquear o proxecto da retirada e tratamento dos lodos contaminantes da dragaxe da canle do río Lérez  nas  zonas da ría de Pontevedra.   

Bará lembrou que o acordo aprobado  por unanimidade no Parlamento galego, no mes de xuño, “non se está a cumprir” polo que pediu o seu desbloqueo e iniciar un estudo que inclúa os costes.  

Tras a intervención do portavoz popular, Jacobo Moreira, que anunciou o voto favorable á proposta nacionalista, o deputado do BNG  respondeu que levamos máis de dez anos “liando o palangre”  e o  Partido popular continúa buscando escusas para non executar o proxecto. Agora buscan a escusa dunha nova “caracterización” dos vertidos pero a realidade, dixo, é que o Partido popular non quere cumprir co acordo parlamentario  do tratamento dos lodos en terra e moito nos tememos que isto vai continuar dez anos máis mentres o proxecto sexa responsabilidade do Partido popular. Bará criticou o anuncio de Moreira sobre a nova caracterización dos lodos cando “as lamas, os residuos e o áridos”, explicou o nacionalista, seguen sendo os mesmos e ademais en  maior cantidade. Xa existen estudos que determinan que materiais son aptos para un ou outro vertido, sen embargo nun primeiro momento, o Partido popular decidiu depositar os vertido nun punto próximo a illa de Salvora, medida que foi amplamente rexeitada polo sector pesqueiro e marisqueiro de Arousa. A solución pasa, recalou o deputado do BNG, polo “tratamento en terra”.

Bará reiterou que no acordo parlamentario do mes de xuño, “o Parlamento instaba á Xunta a elaborar, conforme a normativa vixente e ás directrices existentes respecto deste tipo de actuacións, unha proposta alternativa e sustentable para o depósito de materiais procedentes do dragado do río Lérez, de tal forma que se garante que estes non afectarán a ningunha das rías galegas, en especial á ría de Arousa”.

Tras o acordo unánime acadono Parlamento, Bará anunciou que o BNG estará “moi vixiante e exixente” a que se cumpra coa máxima axilidade. Estaremos moi vixiantes para  que se peche definitivamente a posibilidade de “verter as lamas nalgunhas das rías” e tratar os lodos en terra como única alternativa, remarcou o nacionalista.

Aprobado por unanimidade o tratamento en terra dos lodos contaminantes da dragaxe do Lérez