O BNG insta a limpar os vestixios franquistas de Cerdedo-Cotobade

cotobade-memoria-histórica
cotobade-memoria-histórica
O BNG insta a limpar os vestixios franquistas de Cerdedo-Cotobade

En Cerdedo-Cotobade aínda fican numerosos vestixios franquistas en espazos públicos, o que non só incumpre coa Lei de Memoria Histórica, senón que supón un insulto á memoria dos homes e mulleres do noso concello represaliados por defenderen a liberdade e o progreso do seu pobo.

Xa no pasado mes de maio, lembra o portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, o BNG presentara unha queixa formal por unhas obras municipais que non só non eliminaban estes vestixios fascistas senón que os resaltaban aínda máis.

Non estamos a falar só de cumprir coa Lei -que tamén- senón, e sobre todo, de devolver a dignidade ás familias das persoas represaliadas. Porque devolver a dignidade implica, entre outras cousas, que desaparezan do espazo público todas aquelas referencias a un rexime ditatorial que escribíu as páxinas máis negras da nosa histórica contemporánea. 

É por isto, que o BNG levará ao vindeiro pleno unha moción para a creación dunha comisión que vele pola eliminación da simboloxía franquista, a comisión ELISIMFRA 2020, que estaría conformada por representantes dos grupos municipais, entidades sociais e persoas de recoñecido prestixio na recuperación da memoria histórica, a título individual. 

O obxectivo desta comisión ELISIMFRA 2020 é claro: catalogar e buscar o consenso político e social para que ao longo do presente ano Cerdedo-Cotobade poida estar limpo de calquer vestixio fascista. É algo que, como pobo, lle debemos ás veciñas e veciñas que sufriron toda clase de represión por defender a liberdade e a xustiza social.