O BNG esixe unha modificación lexislativa que anule a prórroga a ENCE

O BNG esixe unha modificación lexislativa que anule a prórroga a ENCE

Celulosa-fume480x320 O BNG insta ás forzas políticas que veñen de aprobar a PNL contra a prórroga de ENCE a que non se queden nunha mera declaración de intencións e aborden unha modificación lexislativa que a anule e a imposibilite.

O Congreso dos Deputados ten capacidade lexislativa, lembrou a concelleira de urbanismo, Carme da Silva, para que “non quede ningunha dúbida” de que se vai anular a prórroga concedida a Ence. Pódeo facer tramitando unha modificación da Lei de Costas algo para o que “non hai que esperar a ningún goberno”.

Para o BNG a proposición non de lei aprobada no Congreso é unha declaración de intencións, polo que agardamos que “teña máis percorrido” e que esa maioría parlamentar que apoiou esta iniciativa utilíce esa mesma maioría para aprobar un cambio lexislativo.

Se hai unha maioría non congreso que quere con clareza e firmeza como posicionamento que se derrogue esta prórroga, ten capacidade para facelo.

Neste asunto fai falta, insistiu Carme da Silva, un posicionamento “claro e contundente”, algo que só se pode conseguir “cando saia publicado no BOE, que é onde saen as leis”.

O BNG leva moitos anos “batallando” contra a permanencia de Ence na ría e, neste sentido, “fiamos todo á mobilización social, ao entender que a sociedade pontevedresa se opón firme e moi maioritariamente á súa continuidade.

A partir de aí, dixo, o Concello utilizará todos os mecanismos ao seu alcance -sociais, políticos, administrativos e xudiciais- para que se derrogue a prórroga.

Porque o BNG vai seguir por terra, mar e aire para que Ence saia dunha vez por todas da ría de Pontevedra.

O BNG esixe unha modificación lexislativa que anule a prórroga a ENCE