O BNG esixe do SERGAS respecto para a sanidade pública de Soutomaior

Foto Manu Lourenzo
Manu Lourenzo
O BNG esixe do SERGAS respecto para a sanidade pública de Soutomaior

Soutomaior, 10 de xuño de 2020. O portavoz municipal do BNG en Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “é unha absoluta falta de respecto para a nosa veciñanza que o SERGAS estea por dicindo que é importante reforzar a atención primaria e ao mesmo en tempo, aplique aos veciños e veciñas de Soutomaior un desmantelamenteo sistemático da nosa sanidade pública”.

Manu Lourenzo sinalou que o consultorio de Soutomaior permanece pechado e non se están a cubrir as baixas de enfermeiría no centro de saúde de Arcade. Os propios profesionais sanitarios sinalan que a situación da sanidade pública de Soutomairo é gravísima pero o SERGAS e o PP responden ás demandas veciñais con máis e máis recortes.

Manu Lourenzo destacou tamén que “en Soutomaior temos uns cupos sanitarios demenciais e vemos como concellos veciños de 6000 habitantes teñen 4 médicos mentres nós aquí con 7400 temos só 3. Pero por se isto non fose dabondo o consultorio de Soutomaior permanece pechado por ter unhas instalación deficitarias e nin sequera cubriron a baixa dunha das enfermeiras. O que lle están a facer aos nosos veciños e veciñas coa sanidade pública non ten nome, denunciou.

O portavoz municipal anunciou que “ou se soluciona esta situación ou convocaremos novas mobilizacións. Chegaremos ata onde sexa necesario para solucionar esta situación provocada polos recortes da Xunta e o silencio cómplice do goberno local.  Non imos permitir que se siga a xogar coa saúde e os dereitos da nosa veciñanza”.

O BNG esixe do SERGAS respecto para a sanidade pública de Soutomaior