O BNG denuncia o atentado fascista contra a súa sede de Caldas de Reis

O BNG denuncia o atentado fascista contra a súa sede de Caldas de Reis

caldas-atentado-localCaldas de Reis, 17 de febreiro de 2015. O BNG quere denunciar publicamente a aparición de pintadas fascistas e ameazas na súa sede en Caldas de Reis. Neste sentido o Portavoz Municipal, Iñaqui Fernández, afirmou que “estas ameazas non nos van amedrentar o máis mínimo, e o BNG continuará a defender os intereses dos veciños e veciñas de Caldas de Reis con toda a intensidade”.

“Quen atentou contra a nosa sede sabía ben contra a quen atentaba, porque o BNG é unha forza política nacionalista, que defende o país e que se enfronta clara e contundentemente contra este sistema cruel e corrupto que nos empobrece. O BNG  caracterízase, e se caracterizou sempre, por defender os intereses dos veciños e veciñas, por denunciar sen medias tintas as políticas que van contra os intereses xerais da cidadanía.”

“Se pensaron que inzando de simboloxía nazi o noso local, ou ameazándoos poñéndonos nunha diana, van parar ao BNG e ao noso compromiso co pais e cos veciños e veciñas de Caldas de Reis, non nos coñecen, están moi equivocados. En todo caso o único que fai é demostrar o carácter anti-democrático das persoas que, aproveitando a escuridade da noite, atentaron contra a nosa sede”, afirmou o Portavoz Municipal do BNG.

O BNG denuncia o atentado fascista contra a súa sede de Caldas de Reis