Barro queda fóra da recuperación dos castros

Barro queda fóra da recuperación dos castros

Xosé Manuel Fdez. Abraldes, Portavoz Municipal do BNGBarro, 16 de marzo de 2015. O castro dos Casás, situado no concello de Barro, é, sen lugar a dúbidas, un dos de maior valor histórico de toda a comarca, tal e como puxeron de manifesto expertos arqueólogos.  No castro dos Casás só se realizaron até o momento unhas mínimas catas por parte da Universidade de Santiago, nas que apareceron achádegos de grande valor. Mais por desgraza eses traballos de excavación e estudo, realizados xa hai anos, non continuaron.

Hai meses, o BNG presentou unha moción para que se incluise o Catro dos Casás nas actuacións anunciadas pola Deputación e o Ministerio de Fomento para a recuperación e posta en valor de castros da provincia.

Por desgraza, Barro non vai ver nin un euro dos 6,5 millons que, segundo a ministra e o presidente da Deputacion, van servir para dar a coñecer e pór en valor o noso patrimonio historico, pero tamén para crear emprego e actividade economica asociada ao atractivo turistico que poderían representar estes asentamentos historicos.

No BNG estamos convencidos de que o motivo fundamental da marxinación de Barro deste investimento é o desinterese que ten o propio alcalde na recuperación e posta en valor do noso patrimonio. Non en van, os seus anos de goberno caracterizáronse, neste ámbito, polas contínuas agresións realizadas aos bens patrimoniais que conforman a nosa historia e a nosa cultura.

O BNG lamenta profundamente que a ignorancia e o desprezo do alcalde repercuta tan negativamente no noso concello, e insta ao Presidente da Deputación e á Ministra de Fomento a que non deixen pasar esta ocasión e teñan en conta as opinións dos expertos que coinciden na grande importancia do Castro dos Casás.

Barro queda fóra da recuperación dos castros