LUÍS BARÁ PARTICIPOU NAS XORNADAS DE FORMACIÓN DE GN-UMIA

Bará: "Non se construír unha sociedade democrática dende o esquecemento"

gn-umia
gn-umia

"A memoria histórica é unha cuestión de dereitos humanos... É unha cuestión de dereito a coñecer a verdade, porque o contrario do esquecemento non é a memoria, senón coñecer a verdade”. Así o manifestou hoxe en Caldas o cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, quen sinalou que “exercer a memoria é unha obriga ética e política principal que non pode ser adiada por outras cuestións que poden parecer máis urxentes ou incluso máis rendíbeis politicamente”.

O candidato realizou estas declaracións nunhas xornadas realizadas en Caldas de Reis por Galiza nova, na que tamén estiveron presentes Xosé Casal, que tamén falou ‘Da Galiza do Antigo Réxime ata a Guerra Civil na comarca do Umia’; Lucía Vecino e Eva Vilaverde, que falaron de ‘Machismo e medios de comunicación’, así como Bieito Lobeira, que falou sobre nacionalismo.

Na súa intervención, Bará defendeu a necesidade de que a memoria histórica forme parte dos contidos dos programas de ensino, e reivindicou que haxa unha lexislación e unha política pública da memoria tanto a nivel galego como estatal “para conseguir que non se repitan feitos tan dramáticos como os que aconteceron arredor do 36”, insistiu. De feito, o candidato destacou que as cuestións de memoria histórica están a quedar nun segundo plano a nivel político “porque estamos nun momento doutras urxencias”, pero sinalou que para o BNG é unha cuestión principal, de principios éticos e democráticos “ porque non se pode construír unha sociedade democrática a partir do esquecemento”. 

Luís Bará: “A memoria histórica debe formar parte dos contidos dos programas de ensino”

O nacionalista lembrou que foron moitas as persoas que se comprometeron, loitaron e sacrificaron as súas propias vidas por ideais de liberdade e xustiza social, de solidariedade ou de democracia: “A procura da verdade e de reparación de todas estas persoas é unha causa ética e democrática de primeira orde e para nós é absolutamente imprescindible... Por iso a participación da xente nova neste tipo de xornadas é fundamental, porque deben saber que chegamos aquí grazas ao sacrificio e ao esforzo de moita xente”, dixo. 

“A socialización do saber e do coñecemento do que pasou dende unha perspectiva histórica é fundamental, porque en Galiza non houbo unha guerra, houbo realmente unha masacre, un xenocidio de miles de persoas que eran do mellor que había na sociedade, comprometidas e con moita capacidade política para actuar no país”, subliñou. Sinalou que esas persoas deben ser tidas en conta, “sobre todo porque na transición á democracia houbo unha anomalía que foi o esquecemento a través da Lei de Amnistía”, que cualificou de “grande inxustiza” e de “condena definitiva das vítimas”.