Asinado o convenio que permitirá o uso da praza de Barcelos polo alunado do colexio

Praza de Barcelos
Praza de Barcelos

Encantados de compartir espazo públicos coa comunidade escolar, satisfeitos pola celeridade do proceso e a colaboración interinstitucional e orgullosos de contar con nenos e nenas que foron quen de propor e pór en marcha unha iniciativa que supón de feito a transformación dunha praza, en horario lectivo, nun patio de recreo.

Hoxe asinouse a acta de entrega de parte da praza pública de Barcelos para uso concorrente da Xunta de Galicia (Consellería de Educación) e Concello de Pontevedra polo que dende xa os escolares do CEIP Barcelos poden gozar do espazo cedido (diante do centro, o parque infantil e a nova área deportiva). Será nos próximos días cando os escolares saian ao novo patio, unha vez que o centro planifique o seu uso. O colexio ten unha matrícula de 400 alumnos/as.

A sinatura do protocolo entre a concelleira de Educación, Carmen Fouces e o xefe territorial de Educación, César Ares, tivo como testemuñas ao alcalde Miguel Fernández Lores, o concelleiro de Mobilidade, Luís Bará, o director do CEIP Barcelos e representantes da ANPA do centro.

A falta de organizar o uso da praza xa está programada a celebración dun magosto-samaín para o día 28 de outubro, data apuntada como tope para comezar a usar o novo espazo de recreo.

A concelleira de Educación, Carmen Fouces, cualificou o proxecto como un exemplo de colaboración entre administracións e coa comunidade educativa a prol do ensino público e de calidade e subliñaba o éxito dunha iniciativa promovida polos nenos e nenas do CEIP.

Tamén o alcalde Miguel Fernández Lores sinalou o carácter exemplar dunha iniciativa que encaixa ao 100% co modelo Pontevedra e lembrou que foi obxecto de debate no recente congreso das Cidades que Camiñan.
Pola súa banda o xefe territorial de Educación falaba da optimización dos espazos públicos en favor da comunidade educativa mentres que o director e a representante da ANPA poñían a énfase no feito de que a iniciativa partira dos rapaces.