NUN ENCONTRO CON TRABALLADORAS E TRABALLADORES DA EMPRESA PÚBLICA SEAGA, A CANDIDATA DO BNG Á PRESIDENCIA DA XUNTA, ANA PONTÓN MANIFESTOU QUE É NECESARIA UNHA “NOVA POLÍTICA FORESTAL ” CENTRADA NA PREVENCIÓN, USO MULTIFUNCIONAL DO MONTE E

Ana Pontón: "Comprometénonos a rematar coa precariedade no servizo de extinción de incendios"

Rolda de prensa
Rolda de prensa

Tras o encontro con representantes da empresa pública SEAGA, a candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, trasladou o seu compromiso co fin de rematar coa precariedade do servizos de extinción de incendios e apostou por  “unha nova política forestal” despois do 25 S centrada  na prevención,  uso multifuncional do monte e promoción de  cambios estruturais “que poñan fin ao drama dos incendios”.

 
Ana Pontón: "Comprometénonos a rematar coa precariedade no servizo de extinción de incendios"

Tras o encontro con representantes da empresa pública SEAGA, a candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, trasladou o seu compromiso co fin de rematar coa precariedade do servizos de extinción de incendios e apostou por  “unha nova política forestal” despois do 25 S centrada  na prevención,  uso multifuncional do monte e promoción de  cambios estruturais “que poñan fin ao drama dos incendios”.

Os incendios,  “non se apagan no verán”, apáganse no inverno con medios de prevención e poñendo en marcha medidas que impidan que todos os anos teñamos que asumir perdas económicas millonarias para o sector forestal e o sector agrario e que representan un “grave risco” para as persoas e o noso medio natural, afirmou a nacionalista.

Pontón acompañada da candidata nº dous pola provincia de Pontevedra, Montse Prado,  recalcou que “Galiza é o territorio do Estado español con maior número de lumes” acadando o record de maior superficie queimada afectada,  “10.000 incendios ao ano  que afectan  a cerca de 24.000 hectáreas”. Para a candidata, detrás dos lumes existen problemas estruturais e unha xestión do territorio deficiente, un cambio de usos errada que provocou a falta de peso das actividades agrarias aumentando o terreo forestal de maneira desordenada. Neste sentido lembrou que Núñez Feijóo, nos últimos sete anos, tomou medidas “irresponsables” ao reducir as franxas de protección das vivendas  e vías de comunicación ao que sumou “o abandono da política forestal,  eliminación das políticas de prevención, e como  xa denunciaron os propios traballadores e traballadoras, non resulta lóxico poñer en marcha os dispositivos no mes de agosto”.

A candidata criticou as decisións que provocaron a precarización do servizo de  servizo de extinción, tanto nos entes públicos como privados. No fondo, remarcou Pontón, o goberno de Feijóo tenta “agochar intereses privatizadores do servizo de prevención e extinción de incendios” poñendo mesmo en risco a vida das persoas.

Dende o BNG, a nosa aposta pasa pola unificación do servizo e garantir o seu  carácter público e profesionalizado así como por  un cambio na política forestal priorizando as políticas preventivas da man das comunidades de montes veciñais en man común, con gandeiros e gandeiras, un plan xeral de rozas  e implantar medidas superar o modelo de monocultivo do eucalipto. “SEAGA é unha empresa pública que pode facer traballo forestal de prevención e ter un monte ordenado para non padecer todos os anos a praga dos incendios forestais”.

Con outra política forestal os incendios se reducirían o que non se pode facer é “a política da avestruz” ou utilizar os incendios para que algunhas empresas segan facendo negocios.

 

Os traballadores de SEAGA denuncian grave precariedade laboral

 

Pola súa parte, o  presidente do comité de empresa da Coruña, Pablo Boj denunciou  a “precariedade laboral”  de SEAGA, parte fundamental do servizo con 500 traballadores coa condición e fixos-discontinuos que traballamos “tres meses” e sen dereitos a subsidio de desemprego nin a  paga de 406 euros. Somos traballadores con máis de dez anos apagando incendios en condicións moi precarias, afirmou.

O representante dos traballadores de SEAGA cualificou de “palabraria barata” o anunciou da Xunta sobre o acordo polo que é recoñecida a categoría de bombeiro forestal e explicou que só unha parte do dispositivo acedará a esa condición, “ só un terzo do dispositivo que na actualidade traballa en Galiza”. O acordo, dixo, non foi negociado coas organizacións sindicais, “é un acordo baleiro de contido”. Dende SEAGA somos partidarios dun servizo único e público e non dun acordo que non resolve a nosa precariedade laboral.