O Alcalde de Pontevedra garante axudas para resementar o banco marisqueiro do fondo da ría de Vigo

O Alcalde de Pontevedra garante axudas para resementar o banco marisqueiro do fondo da ría de Vigo

Pontevedra, 19 de febreiro de 2013. O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta tarde ao patrón maior da Confraría de Pescadores de Arcade, José Luís Rubianes e co presidente da Asociación de Naseiros Alvedosa de Ponte Sampaio, Antonio Álvarez Freijanes para abordar a situación da mortandade de no banco marisqueiro do fondo da ría de Vigo, que linda coa parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio.

O alcalde lembrou que hai unhas semanas recibiu ás representantes das mariscadoras de a pé, as máis afectadas por esta situación, e xunto aos mariscadores a flote supoñen arredor de 200 persoas afectadas por esta mortandade.

Segundo foi informado esta tarde, pertencen á Confraría arredor de 25 familias de Ponte Sampaio, e o resto de mariscadores son de Arcade, Paredes e Redondela.

Tamén coñeceu que a causa da mortandade debeuse, segundo as afirmacións dos afectados, á apertura do encoro de Eiras nun momento no que estaba a marea baixa. A apertura das comportas implicou a baixada de moita auga dulce que provocou a morte dos bibalvos.

Á espera de coñecer peticións das Confrarías de Lourizán (que xa solicitaron unha entrevista ao alcalde) e a de Pontevedra, Fernández Lores comprometeuse a axudar económicamente á Confraría de Arcade cando se trate de achegar materia prima para resementar.

As contías dependerán das peticións de todas as Confrarías, pero tamén instou ás administracións competentes no valeirado do encoro que o fagan afectando o menos posíbel aos bancos marisqueiros (de xeito controlado e coa marea alta, por exemplo), e tamén que a Consellaría de Pesca e a Deputación, con competencias na materia, se fagan cargo da situación dos mariscadores e mariscadoras e habiliten canto antes as axudas pertinentes para atallar esta situación.

O Alcalde de Pontevedra garante axudas para resementar o banco marisqueiro do fondo da ría de Vigo