Moción de censura en Pontecesures

Moción de censura en Pontecesures

cecilia-480x320A dereita española só sabe actuar en política dun xeito: caciqueando. Isto é o que estamos a ver en Pontecesures: un PP desesperado logo de non acadar a alcaldía da nosa vila máis unha vez non agardou nadiña, remexeu Roma con Santiago até que convenceu algún “galleguista” e algún “independente” para arrebatar a alcaldía ao BNG e a Cecilia Tarela.

En realidade, nesta moción de censura xóganse varias partidas ao mesmo tempo. A primeira, interna no Partido Popular: despois da perda da Deputación e do congreso provincial, as forzas están a reubicarse e, nese contexto, o Sr. Seage vai oferecer unha peza de caza maior, a alcaldía de Pontecesures, polo que poida pasar despois das eleicións.

A segunda, desgrazadamente, tamén non ten nada a ver con mellorar a vida dos nosos conveciños e conveciñas: os señores Souto e Castro, cunha enemizade manifesta (e por veces escandalosa) están a facer puntos para reubicárense no novo mapa político provincial en vista de que os seus proxectos de partido non teñen futuro político ningún.

Como se ve, o interese polas veciñas e veciños de Pontecesures é nulo. Boa proba disto que acabamos de dicer é a completa ausencia de programa: fartáronse, dende que goberna o BNG, de augurar toda caste de males e parecía que habían caer sobre nós as sete pragas de Exipto. Agora vese que fronte aos proxectos en marcha non teñen nada que ofrecer.

Animamos ao pobo de Pontecesures a acompañarnos o luns 9 de maio ás 12 da mañá no Pleno da Corporación que abordará a moción de censura promovida polo PP e os seus socios

Iso sí, agora non imos ter unha Concellaría de Obras: IMOS TER DÚAS, unha para cada socio do PP, Souto e Castro, Castro e Souto, porque está claro o que lles interesa. E que iso que lles importa non somos as veciñas e veciños de Pontecesures, tamén está claro.

O vindeiro día nove vai consumarse a traizón á democracia e máis a Pontecesures. Nós imos ir coa cabeza ben alta e convocamos ao noso pobo para acompañarnos coa súa dignidade.

Moción de censura en Pontecesures