Conclusións da reunión da candidatura de Pontevedra de 7 de marzo

Conclusións da reunión da candidatura de Pontevedra de 7 de marzo

CANDIDADURA-480X320A candidatura do BNG ás eleccións municipais en Pontevedra reuniuse o sábado 7 de marzo para analizar a evolución da situación política e as medidas a adoptar. As súas conclusión foron:

a) Evolución Xeral da Campaña:

Cada unha das demais forzas políticas con algunha relevancia en Pontevedra xa ten amosado bastante ás claras cales van ser os aspectos máis importantes das súas campañas.

Teñen unha coincidencia de fondo en tentar “eliminar” o feito diferencial de Pontevedra, en plena sintonía con un medio público (a TVG), manipulado de xeito inusitado polo PP. O mimetismo resulta tan elevado que moitas veces é difícil diferenciar os discursos do PP, do PSOE e da Marea Pontevedra (controlada por IU):

  • Que se desfaga o modelo Pontevedra e que se legalice ENCE é o que piden as tres formacións cando piden un novo PXOM.
  • O seu posicionamento sobre a Planta de Composta é idéntica.
  • E, sobre todo, o ton de fondo sobre a xestión do BNG, con críticas xeralizadas e agresivas.

Triste papel o da esquerda española facendo de altavoces do PP

Pola contra, as súas propostas construtivas, as súas alternativas, as solucións que aportan, non existen en ningún dos tres casos, aparte do discurso político xeral e de opinións sobre temas que non son competencia municipal.

O que digan os cidadáns, aínda que uns digan unha cousa e outros a contraria, a táctica do avestruz, semella o único que saben facer.

Evidentemente, non seremos nós quen lle deamos leccións ás demais formacións políticas. O único que constamos é o enorme problema de gobernabilidade que se pode producir a partires do 24 de Maio.

Por un lado, non semella verosímil que lle van deixar aos posíbeis concelleiros do PSOE e de Marea Pontevedra pactar co PP en Pontevedra, por moitas coincidencias programáticas que teñan, e que as teñen en abundancia. Por outro lado, cos actuais postulados, un posíbel acordo entre o BNG e o PSOE ou Marea Pontevedra semella moi difícil, cando non imposíbel, polas posicións antagónicas nos asuntos nodais de política municipal.

 O BNG celebrará unha gran cea o 17 de abril no recinto feiral

b) Campaña do BNG

Constatada está evidencia, a candidatura do BNG  acorda:

a) Reforzar a precampaña e a campaña, facendo un esforzo extra para que sexan aínda máis activas socialmente que calquera outras anteriores.

b) Facer unha campaña en positivo e que, partindo do aval do traballo feito até agora, se centre única e exclusivamente nas propostas e solucións de futuro, evitando todo o posíbel entrar en críticas e descalificacións.

c) Propoñer a realización dunha gran cea para o 17 de Abril, no Recinto Feiral, como acto de confraternidade e impulso para a Campaña Electoral.

d) Crear unha Comisión encargada da programación da Campaña que estará coordenada por Demetrio Gomez Xunqueira.

e) Crear unha Comisión que coordine a redacción do Programa da que estará ao seu frente, Anabel Gulias Torreiro. Esta Comisión encargarase de unificar e darlle forma as aportacións das diferentes Comisións Sectoriais en funcionamento: Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Urbanismo, Cultura, Promoción Económica, Muller, Xuventude, Ensino, Deportes, Festas, Patrimonio, Facenda Municipal, NormalizaciónLingüística.

Conclusións da reunión da candidatura de Pontevedra de 7 de marzo